martes, 25 de novembro de 2025

25N

No 25N lembramos que a loita contra a violencia machista é responsabilidade de toda a comunidade educativa. Desde a ANPA queremos reforzar a importancia de educar no respecto, na igualdade e no bo trato cada día, para que o noso alumnado medre en liberdade e sen violencias.

venres, 14 de novembro de 2025

Campamento de Nadal 2025/2026 no CEIP A. R. Castelao


Un ano máis, a Asociación Deportiva As Mariñas, en colaboración coa ANPA do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, organiza o Campamento de Nadal nas instalacións do colexio.

Os días de actividade serán:
🗓️ 22, 23, 24, 26, 29 e 30 de decembro de 2025, e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026.

Durante estas xornadas, as nenas e nenos poderán gozar de obradoiros creativos, receitas de Nadal, xogos populares, festa de pre-fin de ano, pintacaras, panxoliñas, visita máxica, elaboración de cartas e moito máis.

📍 Lugar: CEIP Alfonso Rodríguez Castelao (Rúa Paraíso, s/n, Ordes)
📞 Contacto: 610 225 953 — 📧 uxia.asmarinhas@gmail.com
👉 Formulario de inscrición: Preme aquí

Aínda que o campamento se desenvolve no colexio, pode participar calquera neno ou nena da contorna.

🕘 Horarios e servizos

  • Actividades principais: 9:00 a 14:00 h

  • Servizo de madrugadores: 8:00 a 9:00 h (pódese traer almorzo nun tupper)

  • Servizo de comedor: 14:00 a 15:00 h (comida nun tupper, con neveira e microondas dispoñibles)

💶 Prezos

  • Día solto: 7 €

  • Campamento completo: 55 €

  • Madrugadores: 2 €/día

  • Comedor: 2 €/día
    (Seguro de accidentes e responsabilidade civil incluído)

ℹ️ Condicións

  • Actividade dirixida a alumnado de Educación Infantil e Primaria.

  • É preciso un mínimo de 10 participantes para realizar a actividade.

  • Confirmarase a admisión por correo e o pagamento será por domiciliación bancaria.

En caso de non acadar o mínimo de participantes nalgún día (especialmente o 24 e 30 de decembro), non se levará a cabo o campamento esas datas.


Nota: A ANPA actúa só como enlace entre As Mariñas e as familias. A organización corre a cargo de As Mariñas, e a Xunta de Galicia cede unicamente as instalacións do centro.

luns, 10 de novembro de 2025

Obradoiros pola igualdade no CEIP Castelao

 



Entre o 18 e o 26 de novembro de 2025, o alumnado do CEIP Castelao de Ordes participará en diversas actividades coeducativas en horario lectivo centradas na promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

A través de xogos musicais, cancións, baile, radio e redes sociais, o alumnado traballará valores de respecto, corresponsabilidade e convivencia igualitaria dun xeito lúdico e participativo.

Estas actividades son organizadas pola ANPA do CEIP Castelao grazas á financiación conseguida coa axuda SI449B - Axudas dirixidas a asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, convocada pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.