Campamento de Semana Santa 2025
Desde a ANPA queremos compartir unha proposta para esta Semana Santa! ADC As Mariñas organiza un Campamento de Semana Santa, unha oportunidade única para que os nenos e nenas desfruten de actividades lúdicas e educativas mentres se divirten e fan novas amizades.
📅 Datas: 14, 15, 16 e 21 de abril de 2025
🕘 Horario: De 9:00 a 14:30 horas
📍 Lugar: CEIP ADR Castelao
💰 Prezo:
➡ Día solto: 12€
➡ Campamento completo: 35€
🔹 Reserva de praza: Para garantir a praza, débese aboar un anticipo de 5€ en efectivo tras realizar a inscrición.
🎨 Actividades: Xs participantes gozarán de manualidades, busca de ovos de Pascua, música, xogos populares, pintacaras e moito máis! Un plan perfecto para gozar das vacacións escolares de maneira entretida e segura.
📌 Inscricións online: Reserva a túa praza agora a través do seguinte enlace:
👉 Formulario de inscrición
Non perdas esta oportunidade e anímate a participar! 🎉🐰🥚
Ningún comentario:
Publicar un comentario