Xullo foi, sen dúbida, o mes máis intenso do campamento. Os mércores convertéronse no día fixo de piscina (sempre que o tempo acompañase), cunha rutina xa moi rodada: mochila con merenda, toalla e crema, bañador posto dende casa e recollida na propia piscina para quen non queda a comedor.
Ademais da piscina, houbo moitísimas actividades no propio colexio: xogos de auga con globos, esponxas, xerras e algún que outro "mangueirazo" (3 de xullo); unha xincana temática de "mundialito", na que cada grupo representou un país cos seus propios cores e pancartas, inspirada no entusiasmo dos nenos co Mundial (7 de xullo); e sesións de arte moi orixinais, coma pintar con xeos de cores ou crear arte efémera con auga sobre o chan de cemento. Máis adiante, o 16 e 17 de xullo, tocou pintar con temperas (con roupa vella, que para iso avisaron con tempo!) e montar unha instalación artística ao aire libre con plantas.
Pero sen dúbida o gran momento do mes foi a excursión do 10 de xullo ao Aquarium Finisterrae e á Domus, en A Coruña. Foi un día completo, con autobús, moitas fotos e vídeos en directo para as familias.
O mes pechou como empezou: con máis xogos de auga por mor da calor e moitas ganas de seguir aproveitando o verán.
Proxecto financiado pola Deputación da Coruña
Ningún comentario:
Publicar un comentario